O club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello de O Barco de Valdeorras é a Deputación de Ourense, organizan a cuarta proba da Copa Deputación de Ourense de Orientación 2016. Nesta oportunidade celebrarase conxuntamente coa Liga Valdeorresa de Orientación.
A cita será o sábado 1 de outubro, a partir das 16:30 h. con probas de orientación para todas as categorías na zona da Plaza de Entoma. Os percorridos serán lineais.
A Copa Deputación de Orientación, que constará de 5 probas, para a clasificación final da Copa Deputación só puntuan ás 3 mellores probas das 5 programadas.

As inscricións rematan o venres 30 de setembro ás 14 horas para poder imprimir os mapas necesarios para realizar a actividade. As persoas non apuntadas que se presenten o día sábado non poderemos garantir a súa participación na carreira.

– CARTEL
– Boletín
– Normativa I COPA DEPUTACIÓN DE ORIENTACIÓN 2016
– FORMULARIO DE INSCRICIÓNS
– Horas de saída (actualizado)
– Resultados por categorías
– Resultados por recorridos

– Resultados parciales por categorías

– Resultados parciales por recorridos
– Ranking Copa Diputación (disputadas 4 probas, a falta de 1)
– Ranking Liga Valdeorresa (disputadas 6 probas de 7)