Licenzas Federativas Ano 2024
Licencias de Montaña para Socios del Club Peña Trevinca:
CLUB PEÑA TREVINCA BARCO
ES59 0049 7798 0823 1001 4000
Importe: Consultar tabla.
Si queréis plástico añadir 3€.
Y me lo enviáis a mi WhtasApp el justificante.
En un par de días ya estaría tramitada.
Estar federado/a dáche dereito a:
- Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
- Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
- Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
- Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio coa FGM
- Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
- Prezos moi reducidos nos refuxios galegos: https://fedgalmon.gal/refuxios/
- Comunicacións periódicas
- Calendario de actividades
- Participar en actividades divulgativas
- Competicións oficiais de escalada, carreiras por montaña e marcha nórdica.
- Todas as vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: https://fedme.es/licencia-fedme/
Datos importantes
Licenzas válidas por ano natural. Todas as licenzas caducan o 31 de decembro.
Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar todos os seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
Todos os duplicados do carné federativo motivados por erros do club solicitante, extravío, roubo ou ampliación de cobertura do seguro, terán que pagar 3 euros por tramitación.
Licenza de Inclusión Social
(B IS), coas mesmas coberturas que a licenza B de ámbito nacional. Para poder tramitar esta licenza hai que achegar unha copia do certificado de discapacidade igual ou superior do 33%.
Licenza infantil na modalidade OT.
Plan XOGADE.
Para todos/as os rapaces/zas de 6 a 16 anos que estean en escolas deportivas, os clubs poderán tramitar o seguro de XOGADE: seguro deportivo gratuíto do programa XOGADE da Xunta de Galicia (para realizar adestramentos nunha instalación deportiva cun/ha técnico/a e para asistir a competicións que estean no calendario federativo nas modalidades de escalada en rocódromo, carreiras por montaña, marcha nórdica e sendeirismo en sendeiros homologados). O coste de tramitación desta licenza é de 8 euros. A tramitación desta licenza estará operativa dende primeiros de xaneiro.
Mellores propostas de Asistencia no Estranxeiro coa póliza AON_ALLIANZ contratada:
✓ Allianz Global Assistance dará cobertura no Estranxeiro para todas as persoas federadas que teñan un accidente.
✓ Servizo 24 horas ao día 365 días ao ano.
✓ Compañía especializada en asistencia en viaxe internacional, líder mundial en Seguros de Viaxe, e Servizos de Asistencia Persoal.
✓ Máis de 13.000 empregados/as cualificados/as que falan 58 idiomas diferentes e son responsables de centros de operacións nos 5 continentes.
✓Prestación directa sen necesidade de adiantos ou reembolsos posteriores
Segunda opinión médica.
Aon conta co servizo de 2ª Opinión Médica para aqueles expedientes que a compañía exclúe por diferentes motivos; Lesións Preexistentes, Crónicas, etc.
O Servizo Médico tras revisar o expediente elabora un informe que enviamos á compañía para rebater a exclusión no caso que entenda que se debería ter cobertura.
Para a Federación/Club e Federado/a deste servizo xéralles a confianza de saber que teñen a súa disposición un/ha médico/a gratuíto/a para que lles garanta a súa asistencia.
Plataforma de Atención as persoas Federadas.
Aon pon ao dispor da federación a súa Plataforma de Atención as persoas Federadas para axudar en:
➢ Tramitación e enchemento dos partes de Accidentes.
➢ Información acerca da evolución do seu expediente.
➢ Información das autorizacións de:
➢ Probas Diagnosticas (Resonancias Magnéticas, etc..)
➢ Preoperatorios
➢ Intervencións Cirúrxicas
Aspectos a ter en conta para federarse
- A licenza ten que tramitarse a través dun club dado de alta na Federación Galega de Montañismo (FGM).
- Para poder tramitar a licenza é obrigatorio dar o enderezo electrónico e teléfono de cada federado/a (non pode ser o enderezo electrónico nin o teléfono do club), para despois poder descargar a licenza a través da aplicación Paso a Paso da FEDME. En caso de menores, será o teléfono e enderezo electrónico da nai/pai ou titor/a.
- No caso de ter dereito a bonificación do 50 % do importe do seguro de accidentes, debe indicarse o NIF e o enderezo electrónico da nai/pai ou titor/a que estea federado/a na FGM.
En canto a licencia FEDME:
- Atendendo ao “Plan Estratéxico da FEDME” 2021-2024 (ORG_3.2) e sendo coherentes co plan de dixitalización do máximo posible das xestións da FEDME, as licenzas nacionais van a subministrarse única e exclusivamente mediante FORMATO DIXITAL.
- A licenza FEDME poderá visualizarse mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS, no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse. Como usuario/a rexistrado/a, poderá gozar do resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Sendeiros, Tenda, Club FEDME, suxestións, etcétera).
- A licenza visualizarase unha vez os datos sexan recibidos na FEDME.
- A Asemblea Xeral da FGM tomou o acordo de eliminar as licenzas en plástico de forma gratuíta por sustentabilidade medio ambiental.
- As persoas que desexen ter a licenza federativa en formato plástico, deberán pagar 3 euros.
En canto a licencia autonómica:
- A licenza FGM poderá visualizarse mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse
- As persoas que desexen ter a licenza autonómica en formato plástico, deberán pagar 3 euros.
- Atendendo ao Regulamento de licenzas aprobado pola FGM no ano 2021, vixente hoxe en día (excepto as cotas de licenzas que figuran no anexo deste regulamento), ningún club galego, a día de hoxe, será eliminado da base de datos desta FGM por non ter un mínimo de federados/as, porque este aspecto non está contemplado neste regulamento.
R.C. para los Clubs adheridos a la FGM.