Esta ruta será a máis aconsellable se non se dispón de todoterreo para acceder polas antigas minas de Valborraz. Partimos do mesmo punto que as outras rutas, deixando o coche na pequena chaira do cruzamento de camiños. Ascendemos polos vertedoiros ata chegar ao alto de a Cabrita, empregariamos ata aquí uns 25 minutos; neste punto, un indicador á nosa dereita sinálanos a dirección que debemos seguir.
Comezamos o descenso pola loma ata chegar ao Campo de Valborraz; desde aquí as marcas guiarannos ladeira abaixo, sendo importante baixala con precaución, pois o desnivel é bastante acusado.
Baixaremos en zigzag ata atoparnos co camiño que vén das minas, torcemos á esquerda e continuamos polo carreiro que nos conducirá nuns 28 minutos á entrada do Teixadal. Cruzamos o arroio para penetrarnos no máxico mundo deste bosque. A volta realízase polo mesmo itinerario tendo en conta a pendente que nos espera na subida cara ao alto da Cabrita. (Recoméndase levar pantalóns longos).
Este bosque está catalogado por importantes investigadores e científicos como unha xoia botánica, único na Península Ibérica .Ten unha extensión de seis Ha. e coas seguintes especies: acivros, avellanos, carballos e uns catrocentos «teixos» que se concentran na súa maioría na marxe esquerda do regacho Penedo.
DATOS TÉCNICOS
· TRAXECTO TOTAL: 8 Km 600m
· TEMPO TOTAL: 4 h
· ASCENSO TOTAL: 874 m
· DESCENSO TOTAL: 737 m
· ALTURA MÁXIMA: 1837 m
· ALTURA MÍNIMA: 1328 m
AVISO: En caso de acceder en todoterreo pola Capela de San Gil, seguindo a pista das minas de Valborraz debemos chegar ao alto do «Paso do Seixo», deixando aquí o todoterreo e comezamos a camiñada. Debemos ter en conta que desde aquí tardamos 5 horas.