O próximo sábado 12 de xullo temos pensado realizar a terceira edición de «Reto 10000: Techos de Galicia» e gustaríanos que os socios que esteades preparados físicamente participéis neste reto. A saída é de dificultade: ALTA, cun percorrido duns 29 km e un desnivel acumulado de 2.500 m. e preveemos unha duración de 8:30 a 10:30 h. (aprox.)Concentrarémonos ás 7:45 horas da mañá no refuxio de Fonte dá Cova, para logo desprazarnos ás 8:00 en coches particulares á base do monte de “La Cabrita”, próximo a Pena Trevinca.
Itinerario: Saída dende a base de “La Cabrita” a unha altitude de 1.800 metros sobre o nivel do mar. A primeira ascensión será á cota 2002, a unha altitude de 2.022 metros. Descenso ata o Portelo de Portas para subir ao Pena Surbia (2.116 m) e así nos aproximar a Pena Negra (2.121 m) despois de atravesar un paso aéreo de certa dificultade. Logo encamiñarémonos a Pena Trevinca (2.127 m) e teito de Galicia. Descenderemos ata a lagoa de Piatorta, para logo subir ao pico Moncalvo (2.044 m). A continuación descenderamos ata a lagoa do Lacillo e dende alí subiremos polo val do Tera ata o Portelo de Portas e así retornar ao Monte da Cabrita onde daremos por finalizado este percorrido polas cumes máis altas de Galicia.
Informes e inscrición: no teléfono 988 32 08 69 (mércores e venres de 20:30 a 21:30 horas), ou por correo electrónico a:info@clubtrevincabarco.org , indicando nome e apelidos, dni e un número de teléfono móbil de contacto que terá durante a travesía.
Nota: quen o desexe pode retornar en calquera lugar do percorrido ata o punto de partida na base de La Cabrita.
Esta e unha marcha moi esixente e cada un teñe que ser responsable de si mesmo, e de contar cos seguros que supoñen facer estas actividades.