Compañeiros:

Tras a presentación que fixemos acerca das viaxes programadas para a próxima tempada de esquí, enviámosvos a información para a excursión a Seefeld, Austria (do venres 5 ao martes 9 de decembro de 2014).

Querémosvos invitar a todos os socios a preinscribirvos a esta, xa que se o voso deporte non é o esquí alpino, a localidade de Seefeld ofrece unha excelente situación para descubrir a zona, e previmos varias actividades apres-ski. Existen museos, guías de montaña, pódese visitar Múnich en tren,…

Así mesmo Seefeld ten nesas datas un belo mercado do Nadal, así como instalacións deportivas como pista de xeo ao aire libre, curling, esquí de fondo (300 kms de pistas), zona comercial con tendas de deseño, e todo dentro dun distintivo de calidade e tradición «Best of the Alps». Este distintivo só o posúen doce dos centos de estacións que existen no Alpes e implica a vida alpina, na súa pura e tradicional esencia e de entre todas elas, Seefeld encóntrase a tan só 25 quilómetros da capital mundial do esquí, Innsbruck.

Podedes consultar máis información en http://www.bestofthealps.com/en/member-destinations/seefeld/

Esperámosvos.

Enviar prescricións aski@clubtrevincabarco.orgEste enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou solicitar máis información á mesmo enderezo.

INFORMACION 1

INFORMACIÓN 2

FICHA PRESCRICIÓN