Dez anos despois da celebración da primeira carreira federada de Orientación na nosa provincia, volvemos organizar un Campionato Galego de O-Pé (Orientación Pedestre) de todas as categorías. Será o sábado 25 de marzo pola mañan.
Nesta ocasión o lugar elixido polo club organizador da proba, o Pena Trevinca-Barco, é o Concello de Parada de Sil, en pleno corazón da Ribeira Sacra ourensá, no emblemático Canón do Sil. Esperanse arredor de 300 orientadores federados que virán procurando gañar o título autonómico de Distancia Media. Estimase que o gañador da categoría Élite entrará na Meta situado no campo de fútbol de Os Torgás nun tempo duns 35 minutos, despois de localizar uns 30 controis coa única axuda dun mapa (que se entrega no momento da saída) e unha búxola.
Bosques mixtos de piñeiros e carballos, soutos con castiñeiros centenarios, van ser a paisaxe que acompañará esta especie de Busca do Tesouro, na que tamén poden participar persoas non federadas de calquera idade, inscribíndose nas correspondentes categorías de Iniciación. O prazo para apuntarse rematará ás 22:00H do martes 21 de marzo. O día da proba tamén haberá un técnico dando nocións básicas a quen o desexe.
Estamos ante unha modalidade deportiva en simbiose coa natureza e que gaña adeptos cada día, formando xa parte do programa oficial das próximas Olimpiadas. Un bó exemplo de Deporte para Todos.
Para obter máis información sobre esta proba consultar o apartado de eventos de fegado.es ou clubtrevincabarco.org
Vascho a perder?