Dos de los más ilustres y veteranos compañeros orientadores del club, Pablo y Xan, participarán en el próximo Mundial de Orientación en Suecia desde el próximo 24 de Julio. Desde la Federación Galega de Deportes de Orientación se hacen eco de esta estupenda noticia para nuestro club:

Ola, desde a Delegación Ourensá da FEGADO (Federación Galega de Orientación), queriamos informarvos que dous orientadores do Club Peña Trevinca-Barco van participar na categoría H45 (Homes de 45 a 50 anos) no Campionato Mundial de Orientación Pedestre para Veteráns que se celebra entre o 24 de xullo e 2 de agosto próximos en Gotemburgo, Suecia. Este país nórdico é onde naceu este deporte a finais do S.XIX, e atesoura o maior número de medallas de ouro nos campionatos do mundo absolutos, sendo así a Meca desta disciplina. Nesta ocasión vai acoller un dos 3 eventos máis importantes da Orientación no que respecta ao número de participantes, con máis de 4000 orientadores de máis de 30 países,  por detrás dos 5 días de Suecia (O-Ringen: 25 mil) e das Remudas da Jukola, Finlandia con 15 mil.O evento vai constar de 2 carreiras tipo Sprint no barrio de Eriksberg e 3 carreiras Longas nos bosques dos arredores (callados de lagos e coníferas e coas pequenas elevacións tan típicas deste terreo), incluidas as respectivas finais.

Pablo Aller Estévez vaise estrear nun evento destas características. Leva varios anos competindo en probas de carácter autonómico e estatal, sendo tamén o organizador das probas de Liga Galega e Escolares realizadas no último lustro na nosa provincia. O seu interese nesta competición pasa por desfrutar desta enorme festa da orientación e seguir acumulando experiencia.

Xan Mariano Trigo Recarey, posee varios títulos autonómicos de veteráns e actualmente corre na categoría Élite da Liga Galega. Xa participou no Mundial Veterán de Portugal 2008, clasificándose para a final A do Sprint en H35. Será o seu 3º Mundial xa que tamén correu no de Orientación en BTT en Portugal no 2010, neste caso dentro da categoría Open. O seu desexo é clasificarse para as finais A, algo díficil dado o nivel dos nórdicos e a dificultade do terreo -altamente técnico- ao que se enfrentarán os dous por primeira vez, no caso das probas longas. Hai que ter en conta que nesta competición participan ex-campións absolutos do mundo en todas as categorias, que se estenden máis ala dos 90 anos.