Sodes coñecedores que desde as vogalías de medio natural, Marga Malvar, e escalada – equipamentos, José A Villar, fixéronse abundantes negociacións co fin de poder escalar nos asomos rochosos de caliza de Enciña da Lastra, actualmente prohibida a escalada en todo o parque.
Despois de feitas as xestións, temos un primer resultado, que esperemos sexa a semente para acadar outros obxectivos que todos desexamos.
Dende xa, poderase escalar na zona coñecida como Cova de Pardellán, coordenadas UTM 29T 0679239 4702836, sempre que sexa autorizado polo Servizo de Conservación da Natureza de Ourense. Para poder escalar na zona, hai que enviarlles unha [wpfilebase tag=file id=13 /], e esperar a súa resposta.
Acompaña un segundo arquivo cos pasos a seguir, [wpfilebase tag=file id=14 /], para o envío da solicitude.