Amigos, o vindeiro Venres 19 de Agosto realizaremos a 9º Andaina Nocturna «Os Mouchos» en colaboración co Concello do Barco e queremos invitarvos a pasar con nos unha velada moi agradable camiñando todos xuntos de noite.
A partires das 22:30 irémonos concentrando na porta do edificio de usos múltiples do Concello do Barco para confirmar a inscrición.
Haberá avituallamento líquido durante o camiño para os inscritos.
- Saída: 23.15 (concello de O Barco)
- Percorrido: 10 km
Para todas/os camiñantes que teñán ganas de camiñar…
A inscrición é gratuíta pero obrigatoria e pode facerse ata o Mércores 17 de Agosto só no formulario posto na páxina web de Club Peña Trevinca Barco, www.clubtrevincabarco.org (https://drive.google.com/open?id=103x0drMJZ7kDcinDcVytb9r_e-yPN84PDfs2WQ2wa44)
Máis información no e-mail: socios@clubtrevincabarco.org
Importante: Cada un dos participantes debe levar chaleco/peto reflíctante e súa lanterna. Os menores de 16 anos deberan participar cun maior a cargo deles.
Polo só o feito de participar cada participante aceptará as indicacións do persoal da organización, deténdose nas paradas programadas para o reagrupamento do grupo e asume os riscos que implica esta actividade.