O club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello de Cenlle, organizan a terceira proba da II Copa Deputación de Ourense de Orientación.
A cita será o domingo 25 de xuño, a partir das 11 h. con probas de orientación para todas as categorías na zona termal de Barbantes, Cenlle.
A II Copa Deputación de Orientación, que constará de 5 probas, e puntúan as 3 mellores para á clasificación final da presente Copa Deputación.

Programa
10:30h Apertura da secretaría- entrega de tarxetas Sportident para a carreira
11:00h – Saída dos primeiros participantes
12:30h – Correlín

A inscrición na carreira custa 3€ a pagar no momento da saída (só ás categorías senior e veteráns)
Importante: Descarga o regulamento na nosa web para coñecer as normas básicas de participación.
Data límite de inscrición: Xoves día 22 de xuño ás 23:59 h.

Cartel
– Boletín
Normativa II COPA DEPUTACIÓN DE ORIENTACIÓN (2017)
– Formulario de inscricións

– Horas de saída
– Resultados
– Resultados Parciales
– Ranking Actualizado logo de 2 probas