O próximo 15 de marzo a sección de sendeirismo comeza coas súas actividades para a tempada 2015.
Para ir quentando motores eliximos unha ruta sinxela, bonita e que a temos a 5 minutos do Barco, refírome á ruta do Galir.
O punto de encontro será a praza de Entoma e o horario as 10 AM, para que ninguén teña que madrugar demasiado.
A ruta ten unha distancia duns 8 km, cunha altura maxima de 650 metros e unha altura mínima de 350 metros, a ruta é circular e pensamos que poderemos facela tranquilamente en 2:30 horas, sacando fotos e contemplando a fermosa paisaxe. A dificultade é fácil. A ruta foi preparada e sinalizada por Raúl Díaz García, natural de Éntoma (Ou Barco) no ano 2013 para que todos os amantes da natureza poidan gozar deste marabilloso ámbito.
A organización poñerá un responsable que irá manexando os tempos da marcha, aquela persoa que considere que quere deixar a actividade ou facela a un ritmo maior libera a organización de calquera responsabilidade nesta.
Inscrición: Ata o venres 13 de marzo a las 14 horas. FORMULARIO
Información: por e-mail a socios@clubtrevincabarco.org