Deixamos o coche na pequena chaira antes da explotación. Desde aquí, a ruta é igual que para a ascensión a Trevinca ata o cruzamento no val do río Tera. Ata o Tera empregariamos ao redor de 1h 15 m. A partir de aquí un indicador con marcas brancas e amarelas sinálanos a ruta a seguir. Tras pasar por unha zona inicial de pequenas pedras e roca comezamos a verdadeira subida pola ladeira, desde a Portilla de Morena Cavada.
Esta subida constante lévanos por encima dos 2.ooo metros ata a Pena Vidulante, momento no que xa avistaremos a pequena lagoa glaciar coñecida como Lagoa dos Patos.
Desde aquí, unha longa travesía por unhas campas primeiro e terreo louseiro despois, deixaranos na cima, sendo esta un excelente miradoiro. empregariamos aproximadamente unha hora e corenta e cinco minutos desde o Tera. A volta realizarémola polo mesmo itinerario. (Desde o Tera á cima: 1h 55m)
DATOS TÉCNICOS
· TRAXECTO TOTAL: 19 Km
· TEMPO TOTAL: 4h 45 minutos
· ASCENSO TOTAL: 787 m
· DESCENSO TOTAL: 792 m
· ALTURA MÁXIMA: 2079 m
· ALTURA MÍNIMA: 1712 m