Para todas/os camiñantes que teñan ganas de camiñar…
O venres 15 de xullo a partir das 22h. irémonos concentrando no Paseo do Malecón, fronte ao Quiosco de Toño de O Barco, para confirmar a participación, para logo tomar a saída as 23 todos xuntos.
O percorrido terá una distancia de 8,5 km e con un desnivel de +300m. O percorrido NON estará siñalizado. Non haberá avituallamento líquido ni sólido durante o camiño.
INSCRICIÓN DE BALDE PERO OBRIGATORIA e pode facerse ata o xoves 14 de xullo de 2022, no formulario posto na web www.clubtrevincabarco.org
Máis información no e-mail: presidencia@clubtrevincabarco.org
REGULAMENTO:
Cada un dos participantes debe levar chaleco/peto reflíctante e súa lanterna. Os menores de 16 anos deberan participar cun maior a cargo deles, por só o feito de participar cada participante aceptará as indicacións do persoal da organización e asume os riscos que implica nesta actividade.
Están establecidos puntos de control de paso onde abandonar en caso de superar o tempo establecido pola organización ou retirase por outros motivos. Os que abandonen deben seguir as indicacións do persoal da organización.
O feito de facer a inscrición leva consigo aceptar este regulamento. A organización declina toda responsabilidade polos danos que poidan sufrir ou causar os participantes. Estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
Para confirmar a súa inscrición, é OBRIGATORIO que os inscriptos acepten este REGULAMENTO e a política de RESPONSABILIDADE DE ACCIDENTES
[button color=»orange» link=»https://forms.gle/5kF7SA11DmvbaUx46″ size=»default» target=»_self» block=»false»]FORMULARIO DE INSCRICIÓN[/button]