Compañeiros,

Xa entrou febreiro e os fríos deben empezar a remitir, xa é hora de que empecemos a exercitarnos, por tal motivo, preparamos unha marcha curta, duns 15 km para ir eliminando eses quilos que gañamos no inverno.

O percorrido pasará polos pobos de Tremiñá, A Portela, Vila Rica, Xagoaza, Outarelo e O Castro, como o percorrido non estará sinalizado irémonos organizando con paradas cada tanto, así manteremos aos grupos á vista. A saída será da praza do concello o próximo sábado 15 de febreiro ás 9:30 horas e prevemos que o percorrido nos leve 4 horas aproximadamente. Inscricións ao correo electrónico socios@clubtrevincabarco.org.

Recomendación: coa auga que caeu ultimamente, os pés agradecerán ter un calzado impermeable.

 

Esperámolos.

Unha aperta.