Compañeiros, o vindeiro 23 de setembro de 2017 se fará un Curso de iniciación á escalada en roca para mozas/os de 8 anos en adiante (deberán ter cumpridos 8 anos antes do 31/08/2017). O mesmo terá as seguintes características:

Matricula: inclúe 3 horas de curso con técnico deportivo en escalada e monitor de escalada da EGAM (Escola Galega de Alta Montaña)
Prazas: teremos un total de 16 prazas que se adxudicarán por rigoroso orden de inscrición e dividiranse en grupos de 8 persoas como máximo (os grupos adecuaranse en función das habilidades dos inscritos)
Documentacion necesaria para formalizar a inscrición: fotocopia do DNI do interesado ou libro de familia no que figure a data de nacemento, DNI do titor en caso de ser menor. Adultos solo fotocopia DNI.
Inscricións: do 29 de agosto ao 15 de setembro na oficina do clube (mércores de 18 a 19:30 h. e venres de 20 a 21 horas, chamar ou whatsapp ao 698 16 22 73).
Prezo: socios do Club Peña Trevinca Barco, 8 euros. Non socios, 15 euros
Lugar: decidirase en función das condiciones climatolóxicas e dos inscritos, Manzaneda, Incio, Canóns do Sil.
Importante: o desprazamento será a cargo de cada participante.

Para máis información, escribir ao email: socios@clubtrevincabarco.org