O vindeiro sábado 25 de abril faremos a saída a Cueto de Arbas, 2007 m. (primeiro dous mil da Cordilleira Cantábrica). A data será o 25 de abril, 8 horas, dende a praza do concello.
Situación: C. Cantabrica – PÁX. de Leitariegos – F. do Narcea, Laciana.
Dificultade: Baixa / Media.
Desnivel: 482 m aprox.
Duración: 4 a 5 horas.
Observacións: a dificultade da ruta valorarase en función da meteoroloxía e o estado do terreo, informarase os participantes do equipo básico a levar na mochila. Como complemento á actividade e dado que non é moi longa, se pode comer no pobo, iso se comentaria coa xente. Dependendo da cantidade de inscriptos determinarase se se irá en coches particulares ou en autobús.
A organización estará a cargo de Federico Rodríguez que irá menejando os tempos de marcha do grupo, aquel socio que considere que quere facela a un ritmo maior libera a organización de calquera responsabilidade nesta.
Inscrición para socios ata o xoves 23 de abril ás 14 horas, aboando 10 euros en concepto de reserva de transporte na oficina de Mapfre San Mauro (preguntar por Miguel).
Información: por correo electrónico a socios@clubtrevincabarco.org ou na páxina web www.clubtrevincabarco.orgágina web www.clubtrevincabarco.org