Para todas/os camiñantes que teñan ganas de camiñar…

O venres 28 de xullo a partir das 22h. irémonos concentrando no Paseo do Malecón, fronte ao Quiosco de Toño de O Barco, para confirmar a participación, para logo tomar a saída as 23 todos xuntos.

O percorrido terá una distancia de 7 km e con un desnivel de +230m. O percorrido NON estará siñalizado. Non haberá avituallamento líquido ni sólido durante o camiño.

INSCRICIÓN DE BALDE PERO OBRIGATORIA e pode facerse ata o xoves 27 de xullo de 2023 ás 22h, no formulario posto na web www.clubtrevincabarco.org

Máis información no e-mail: presidencia@clubtrevincabarco.org

REGULAMENTO:
Cada un dos participantes debe levar chaleco/peto reflíctante e súa lanterna. Os menores de 16 anos deberan participar cun maior a cargo deles, por só o feito de participar cada participante aceptará as indicacións do persoal da organización e asume os riscos que implica nesta actividade.
Están establecidos puntos de control de paso onde abandonar en caso de superar o tempo establecido pola organización ou retirase por outros motivos. Os que abandonen deben seguir as indicacións do persoal da organización.
O feito de facer a inscrición leva consigo aceptar este regulamento e a política de RESPONSABILIDADE DE ACCIDENTES
A organización declina toda responsabilidade polos danos que poidan sufrir ou causar os participantes. Estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.

Formulario de inscripción