O próximo 13 de maio temos unha actividade para ir quentando motores, eliximos unha ruta sinxela, bonita e que a temos a 5 minutos do Barco, á ruta do Galir.
Como a ruta é sinxela haberá dúas opcións, unha un poquiño máis difícil con saída dende O Barco e outra máis levadeira saíndo dende a Praza de Éntoma.
Saírase dende O Barco ás 9 da mañá e o punto de encontro será na Casa do Río Cigueño (SAIDA 1).
O punto de encontro da SAIDA 2 será a praza de Entoma e o horario as 10:30 da maña, para que ninguén teña que madrugar demasiado, e dende a ruta ten unha distancia duns 8 km, cunha altura maxima de 650 metros e unha altura mínima de 350 metros, a ruta é circular e pensamos que poderemos facela tranquilamente en 2:30 horas, sacando fotos e contemplando a paisaxe. A dificultade é fácil.
No seu día a ruta foi sinalizada por Raúl Díaz García, natural de Éntoma no ano 2013 para que todos os amantes da natureza poidan gozar deste marabilloso ámbito.
A organización poñerá un responsable que irá manexando os tempos da marcha, aquela persoa que considere que quere deixar a actividade ou facela a un ritmo maior libera a organización de calquera responsabilidade nesta.
Dende O Barco a ruta ten unha distancia duns 16 o 17 km
Inscrición gratuita pero obrigatoria no FORMULARIO ata o venres 11 de maio a las 14 horas. 
Importante: indicar a saída de cada un, O BARCO (SAIDA 1) ou ENTOMA (SAIDA 2)
Información: por e-mail a socios@clubtrevincabarco.org