Teixadal de Casaio

A sección de sendeirismo ten programada unha saída o domingo 24 de agosto ao Teixadal de Casaio e invita os socios a participar dela.
O lugar de concentración será o refuxio de Fonte dá Cova ás 8:30 horas, para dende alí achegarnos todos xuntos á explanada de «A Cabrita» onde se deixarán os vehículos.
Este bosque que sobreviviu centos de anos grazas á súa illada e protexida situación preto dos cumios mais altas de Galicia. Está catalogado por importantes investigadores e científicos como unha xoia botánica, único na Península Ibérica. Ten as seguintes especies: acivros, abeleiras, carballos e uns catrocentos «teixos» que se concentran na súa maioría na marxe esquerda.
DATOS TÉCNICOS
· Traxecto total: 8 km 600 m
· Tempo total: de 4 a 5 h
· Ascenso total: 874 m
· Descenso total: 737 m
· Altura máxima: 1837 m
· Altura mínima: 1328 m

Esta actividade poderiamos considerala de dificultade media, a distancia a percorrer é curta pero cun pronunciado descenso e ao regresar cun ascenso duro duns 500 metros que o teremos que realizar lentamente. Como é unha saída na montaña é moi aconsellable levar botas e bastóns. Cada un deberá levar a comida e bebida que considere suficiente.
Para participar, só pedimos como inscrición comunicalo por correo electrónico a info@clubtrevincabarco.org antes do xoves 21 ás 21 horas, indicando nome, apelido e teléfono de contacto. A actividade é gratuíta xa que cada un ten que desprazarse ao lugar de saída.