O próximo 12 de abril a sección de sendeirismo continúa coas súas actividades para a tempada 2015, coa marcha á Pincheira de Portomao (Fervenza) por Correxais.
O punto de encontro será as 9 da mañá da pasarela que une o Malecón co Salgueiral, o percorrido será por a Raña ata Arnado, subindo logo a Correxais e seguir a Fervenza, ali visitaremos a Pincheira e un castro, dende alí voltaremos a Arnado para logo voltar ao punto de partida.
A ruta ten unha distancia duns 19 km aproximadamente, cun desnivel positivo acumulado 350 metros, a ruta é circular e pensamos que poderemos facela entre 4 y 5 horas, sacando fotos e contemplando a fermosa paisaxe, tamén haberá que contar o tempo das paradas comentadas. En esta oportunidade unímonos á actividade que tiña prevista o grupo «Camiñadas Culturais de Valdeorras», e iremos acompañados polo arqueólogo e historiador Santiago Ferrer.
A dificultade é moderada pero longa, recomendamos o uso de calzado adecuado xa que en moitas partes o camiño discorre por lameiros.
Esta ruta es aberta para a población en xeral. A organización poñerá un responsable que irá manexando os tempos da marcha, aquela persoa que considere que quere deixar a actividade ou facela a un ritmo maior libera a organización de calquera responsabilidade nesta.
Inscrición aberta ata o xoves 9 de abril a las 14 horas no formulario,  e es tan solo para saber a xente que vai participar.
Información: por e-mail a socios@clubtrevincabarco.org