O pasado venres 23 de xaneiro realizáronse unhas charlas de presentación do deporte de orientación aos alumnos de 5 e 6 grado de primaria e 1,2,3 e 4 da ESO do colexio Pablo VI da Rúa de Valdeorras, as mesmas estiveron dirixidas por Nadia Pfirter e Marcos Álvarez deportistas da nosa institución.
Para os nosos representantes, dar unha charla sobre o teu deporte é unha gran motivación por dar a coñecelo, axudar, e explicar así aos nenos e nenas, isto demostra un resultado positivo, fixemos remudas, carreiras individuais, charlita teórica e videos.
Queremos agradecer ao colexio Pablo VI

por permitirnos desenvolver esta actividade e en especial ao profesor Lucio Cao por ser o impulsor desta actividade en devandito colexio.
Nos próximos días seguiremos facendo outras charlas en distintos centros educativos da comarca.