Un ano máis volvemos organizar un Campionato Galego de O-Pé (Orientación Pedestre), nesta oportunidade será o sábado 3 de febreiro no Concello de Parada de Sil, en pleno corazón da Ribeira Sacra ourensá. Esperanse arredor de 300 orientadores federados que virán procurando gañar o título autonómico de Distancia Longa.
Bosques mixtos de piñeiros e carballos, soutos con castiñeiros centenarios, van ser a paisaxe que acompañará esta especie de Busca do Tesouro, na que tamén poden participar persoas non federadas de calquera idade, inscribíndose nas correspondentes categorías de Iniciación. O prazo para apuntarse rematará ás 23:50H do domingo 28 de febreiro. O día da proba tamén haberá un técnico dando nocións básicas a quen o desexe.
Estamos ante unha modalidade deportiva en simbiose coa natureza e que gaña adeptos cada día, é un bó exemplo de Deporte para Todos.
Para obter máis información sobre esta proba consultar o apartado de eventos de fegado.es ou clubtrevincabarco.org (http://fegado.es/events/view/9lbk7v5jgday/)
Vascho a perder?