Compañeiros,
o próximo 19 de outubro os nosos amigos Miguel de la Cal e SantiagoMe o téñennos preparada un magnífico ascenso de 1 km vertical ao monte Pía Páxaro no Courel.
A ruta vai dende Ferreirós de Abaixo ata o Pía Páxaro por Penaboa(Lugo). Ruta circular de 14 a 15 km. Dificultade media alta, debido ás » trepas «.
Hora de saída: 7 horas dende o Concello do Barco.
Hora de comezo da marcha: 8 horas (aprox)
Inscrición ata o xoves 16 de outubro ás 21 horas.
Prezo: 10 euros (a ingresar nas contas bancarias do club ou ingresar na oficina de Mapfre San Mauro (ex Bankia)) e enviar o xustificante do ingreso a socios@clubtrevincabarco.org. Non socios 15 euros
En canto á comida xa vos indicaremos o montante. Comida no Potonen torno ás 14,30 horas.
Dependendo a cantidade de inscritos irase en autobús ou en coches particulares. Esperamos a túa participación!!!