O club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello de Cenlle é a Deputación de Ourense, organizan a terceira e derradeira proba da III Copa Deputación de Ourense de Orientación, e celebrarase o sábado 13 de outubro, a partir das 11 h. con probas de orientación para todas as categorías na zona termal de Barbantes, Cenlle.
A Copa Deputación de Orientación, que consta de 3 probas, na clasificación final da Copa Deputación puntúan as 2 mellores participacións das 3 probas programadaso (Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras e Cenlle). Como esta carreira é a 3ª proba da Copa Deputación de Ourense de Orientación, ao final só entregaránse premios aos participantes ganadores da III Copa Deputación de Ourense.

Programa
10:30h Apertura da secretaría- entrega de tarxetas Sportident para a carreira
11:00h – Saída dos primeiros participantes
12:30h – Correlín

13:15h. Entrega de Premios

As inscricións poderan facerse na web do periódico «La Región» (enlace) e rematan o xoves 11 de outubro ás 14 horas e así poder imprimir os mapas necesarios para realizar a actividade. As persoas non apuntadas que se presenten o día domingo poderan participar ata agotar os mapas que imprimamos de demáis pero non poderemos garantir a participación de todos na carreira.

O Venres 12 publicaranse as horas de saída nesta páxina.

CARTEL
Boletín nº 1
– Normativa III COPA DEPUTACIÓN DE ORIENTACIÓN 2018
FORMULARIO DE INSCRICIÓNS (MASDEPORTE – La Región)
HORAS DE SAIDA POR CLUBE

– Resultados

– Fotos

– Ranking Copa Diputación Actualizado (2/3)

– Ranking Final III Copa Deputación de Ourense