Curso de iniciación ao esquí e snow para mozas/os de 8 anos en adiante (deberán ter cumpridos 8 anos antes do 31/12/2017)
Datas: 24 e 25 de febrero de 2018 – Fin de semana en Leitariegos
Matrícula: inclúe 8 horas de curso con monitores de esquí ou snow (4 o sábado e 4 o domingo), desprazamento en autobús, F.F., monitores/as que se desprazarán e pasaran con eles toda a fin de semana, estancia da noite do sábado 24 de febreiro no albergue Francisco Giner de los Ríos, situado na localidade leonesa de Villablino, cea do sábado, almorzo do domingo, comida picnic do domingo, e equipación con casco incluído para ó alumnado que escolla a opción de aluguer.

Prazas: Teremos un total de 40 prazas que se adxudicarán por rigoroso orde de inscrición. Documentación necesaria para formalizar a inscrición: DNI do neno/a ou libro de familia no que figure a data de nacemento, DNI do/a titor/a, copia da tarxeta sanitaria do/a neno/a. Inscricións: Do 23 de xaneiro ao 16 de febreiro en Zafiro Tours.
Prezo: Atento a opción que máis che interese!!!!. A) Curso de esquí sen equipación: 226 euros. B) Curso de esquí con material 248 euros. C) Curso de snow sen equipación: 236 euros. D) Curso de snow con material 274 euros. Aos socios do Club Peña Trevinca Barco participantes en calqueira das modalidades, se devolverá 10 euros do prezo da matrícula unha vez finalizado o cursillo, previa solicitude na oficina do clube.