El club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello de O Barco de Valdeorras é a Deputación de Ourense, organizan a segunda proba da III Copa Deputación de Ourense de Orientación, e celebrarase o domingo 16 de setembro, a partir das 10:30 h. con xogos de orientación para os máis pequenos e logo as 12:30 saídas de todas as categorías na zona do Malecón do Barco de Valdeorras, xunto á pasarela verde. Os percorridos poderán ser lineais, score ou unha mezcla, dependendo da categoría.
A Copa Deputación de Orientación, que constará de 3 probas, na clasificación final da Copa Deputación puntúan as 2 mellores participacións das 3 probas programadas.

Como esta carreira é a 2ª proba da Copa Deputación de Ourense non se entregarán premios, xa que estes entregaranse na última proba unha vez de ter os resultados definitivos, co cal so se realizasen uns sorteos entre os participantes unha vez que os todos os corredores terminasen os seus percorridos.

As inscricións rematan o venres 14 de setembro ás 14 horas para poder imprimir os mapas necesarios para realizar a actividade. As persoas non apuntadas que se presenten o día domingo poderan participar ata agotar os mapas que imprimamos de demáis pero non poderemos garantir a participación de todos na carreira.

NOTA IMPORTANTE: TODOS OS PERCORRIDOS TEÑEN HORA DE SAÍDA ÁS 12:30H., MENOS A CATEGORÍA PREBENXAMIN.

– CARTEL
– Boletín nº 1 e Boletin complementario nº 2
– Normativa III COPA DEPUTACIÓN DE ORIENTACIÓN 2018
– FORMULARIO DE INSCRICIÓNS
– HORAS DE SAIDA POR CLUBE

– Resultados
– Ranking Copa Diputación Actualizado (2/3)