O club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello de Celanova, a Deputación de Ourense e o xornal La Región, organizan a VI Copa Deputación de Ourense de Orientación, e celebrarase o vindeiro sábado 10 de setembro de 2022, a partir das 17:30h.
Lugar de celebración: Vilanova de los Infantes, Celanova (Ourense)
Programa:
16:30h Apertura da secretaría e entrega de tarxetas Sportident para a carreira
17:30h Saída dos primeiros participantes
19:30h. Peche de meta e entrega de premios
A inscrición na carreira e gratuita, xentileza de todos os organizadores e por tal motivo, invítase a todolos Federados Galegos a participar.
Límite de inscricións: 150 participantes
Data límite de inscrición: mércores 7 de setembro ás 18 h.
O xornal «La Región» regalará unha camiseta a todos os asistentes.
Máis información: ori.trevinca@yahoo.es

FORMULARIO DE INSCRICIÓNS
CARTEL
BOLETIN
HORAS DE SAÍDA
RESULTADOS
FOTOS (Xentileza de Mario Morales)