GRAN ASCENSIÓN / CELEBRACIÓN A PEÑA TREVINCA.

12 e 13 de Outubro.

Non poderiamos deixar pasar este ano do 75º aniversario do noso club, sen esta ascensión ao monte orixe do noso nome. E non irmos estar sós, contaremos coa agradable participación dos nosos irmáns de Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia que tamén colaboran na organización desta actividade tan especial, na que participarán todas as seccións do club.

O Sábado 12 partiremos todos xuntos dende Fonte da Cova (1.850m) cara a Trevinca Norte-Surbia de 2.116 m. Mentres uns volverán a Fonte da Cova, outos continuarán a Trevinca Sur (2.127m) para voltar ao punto de partida, ou mesmo continuar ata A Ponte, pola Lagoa da Serpe.

Para o domingo haberá tamén actividades segundo a capacidade de cada grupo (Correxais-Pincheira) e remataremos nun xantar no que confraternizaremos cos amigos do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia, facendo unha lembranza asos nosos fundadores.

INSCRIPCIONES