O vindeiro 1 de dicembro o Club Peña Trevinca Barco e o Concello de Quiroga organizarán o Campionato Galego de Remudas de Orientación na villa lucense de Quiroga a partir das 11 horas. A proba desenvolverase na modalidade de Sprint Urbano con orientación en liña. A saída da primeira posta será en masa conxunta de todas as categorías.

As inscricións realizaranse mediante formulario que estará dispoñible na páxina web do evento. A inscrición estará canalizada exclusivamente a través dos clubs. Os participantes que desexen competir e non formen parte dun club terán que poñerse en contacto con algún dos clubs da FEGADO para ser incluídos no formulario de inscrición.

Para optar ao Campionato Galego os equipos terán que estar formados íntegramente por orientadores do mesmo club, sendo o equipo mixto. Todos os membros dun equipo teñen que dispoñer da licenza FEDO da tempada.
Data límite de inscricións: DOMINGO 25 DE NOVEMBRO ÁS 23:50 H.

Queremos que esta proba sexa a habitual festa de despedida da tempada da Orientación Galega e cantos máis participantes mellor; polo que todo equipo de remudas será benvido, mixto ou non.

Máis información nos boletins do evento na páxina web fegado.es