Club Peña Trevinca Barco
  • Email
  • Facebook
  • RSS
NOVO TELÉFONO: 698 16 22 73 • Venres de 20 a 21 h.
  • Actividades
  • Productos Club
  • Comunicados
    • ACTAS DEL CLUB PEÑA TREVINCA
    • NOTAS IMPORTANTES
    • Enlaces
      • Fotos
      • Wikiloc de Socios
      • Federación Gallega de Montaña
      • Federación Española de Orientación
  • Calendario
    • CALENDARIO AÑO 2019
    • CALENDARIO AÑO 2020
  • Areas
    • Andainas de 50 Km
    • Marcha Nórdica
    • Carreras por Montaña
    • Escalada
    • Senderismo
    • Rutas
    • Orientación
    • Esqui
  • Historia
    • Club Peña Trevinca
    • O Refuxio
  • Contacto
Search the site...
  • Home/
  • Noticias/
  • Campionato Galego de Remudas de Orientación. 01/12/2018. Quiroga

Campionato Galego de Remudas de Orientación. 01/12/2018. Quiroga

O vindeiro 1 de dicembro o Club Peña Trevinca Barco e o Concello de Quiroga organizarán o Campionato Galego de Remudas de Orientación na villa lucense de Quiroga a partir das 11 horas. A proba desenvolverase na modalidade de Sprint Urbano con orientación en liña. A saída da primeira posta será en masa conxunta de todas as categorías.

As inscricións realizaranse mediante formulario que estará dispoñible na páxina web do evento. A inscrición estará canalizada exclusivamente a través dos clubs. Os participantes que desexen competir e non formen parte dun club terán que poñerse en contacto con algún dos clubs da FEGADO para ser incluídos no formulario de inscrición.

Para optar ao Campionato Galego os equipos terán que estar formados íntegramente por orientadores do mesmo club, sendo o equipo mixto. Todos os membros dun equipo teñen que dispoñer da licenza FEDO da tempada.
Data límite de inscricións: DOMINGO 25 DE NOVEMBRO ÁS 23:50 H.

Queremos que esta proba sexa a habitual festa de despedida da tempada da Orientación Galega e cantos máis participantes mellor; polo que todo equipo de remudas será benvido, mixto ou non.

Máis información nos boletins do evento na páxina web fegado.es

 

  • Facebook
  • Twitter
Copyright© 2016 por Saltalavista - Todos los derechos reservados.
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de ventas y formas de pago
  • Política de Cookies
  • Contactar


banner-web-patrocinadores-2016-2017
Reto Social Cruz Roja