Como ano tras ano anunciamos o curso de iniciación ao esquí e snow para mozas/os de 8 anos en adiante (deberán ter cumpridos 8 anos antes do 31/12/2016), que facemos dende fai máis de 25 anos. Como os derradeiros anos contamos coa colaboración do Concello do Barco.
A matrícula inclúe 8 horas de curso con monitores de esquí o snow (4 o sábado e 4 o domingo), desprazamento en autobús, F.F., monitores/as que se desprazarán e pasaran con eles toda a fin de semana, estancia da noite do sábado 27 de febreiro no albergue Francisco Giner de los Ríos, situado na localidade leonesa de Villablino, cea do sábado, almorzo do domingo, comida picnic do domingo, e equipación con casco incluído para ó alumnado que escolla a opción de aluguer.
Teremos un total de 46 prazas que adxudicaránse por rigoroso orde de inscrición.
Documentación necesaria para formalizar a inscrición: DNI do neno/a ou libro de familia no que figure a data de nacemento, DNI do/a titor/a, copia da tarxeta sanitaria do/a neno/a.
Inscricións: Do 11 de xaneiro ao 19 de febreiro na Casa da Xuventude no 3º andar en horario de 9:30 a 14 horas. Tamén en Zafiro Tours.
Prezo: Atento a opción que máis che interese!!!!.
A) Curso de esquí sen equipación (non inclúe o material):
– nenos/as ata 150cm de altura e 26,50 de número de pé: 140 euros
– nenos/as de máis de 150cm de altura e 26,50 de número de pé: 150 euros
B) Curso de snow (*) sen material:
– nenos/as ata 130cm de altura e 23,50 de número de pé: 160 euros
– nenos/as de máis de 130cm de altura e 23,50 de número de pé: 170 euros
C) Curso de esquí con material:
– nenos/as ata 150cm de altura e 26,50 de número de pé: 162 euros
– nenos/as de máis de 150cm de altura e 26,50 de número de pé: 184 euros
D) Curso de snow (*) con material:
– nenos/as ata 130cm de altura e 23,50 de número de pé: 198 euros
– nenos/as de máis de 130cm de altura e 23,50 de número de pé: 220 euros
Aos socios do clube Peña Trevinca Barco participantes en calqueira das modalidades, se devolverá 10 euros do prezo da matrícula unha vez finalizado o cursillo, previa solicitude na oficina do club.
(*) A diferenza de prezo está no aluguer do material de snow que é máis elevado, e ademáis necesitase un mínimo de dous monitores para poder facer a actividade. Dependendo da cantidade de inscritos nesta modalidade o prezo pode variar a baixa.

Esperamosvos!!!!