Ampliase o prazo de inscrición ata o martes 14 ás 22 horas!!!!

Compañeiros, o vindeiro Sábado 18 de marzo de 2017 no Pavillón de Calabagueiros – O Barco (Ourense) se fará un Curso de iniciación á escalada
para mozas/os de 6 anos en adiante (deberán ter cumpridos 6 anos antes do 31/12/2016). O mesmo terá as seguintes características:

  • Matrícula: inclúe 1 hora e media de curso con monitor de escalada da EGAM (Escola Galega de Alta Montana).
  • Prazas: Teremos un total de 32 prazas que se adxudicarán por rigoroso orde de inscrición e diviranse en grupos de 8 persoas como máximo, dous grupos pola mañá para nenos e dous grupos pola tarde para adultos (os grupos adecuaranse en función dos coñecemetos/habilidades dos inscritos).
  • Documentación necesaria para formalizar a inscrición: DNI do neno/a ou libro de familia no que figure a data de nacemento, DNI do/a titor/a, copia da tarxeta sanitaria do/a neno/a. Os maiores só necesitarán unha fotocopia do DNI
  • Inscricións: Do 13 de febreiro ao 10 de marzo na oficina do clube (martes de 21 a 22h., mércores de 18 a 19:30 h. e venres de 20 a 21 horas.).
  • Prezo: Atento a opción que máis che interese!!!!.
  1. Menores de 18  anos: 3 euros.
  2. Maiores de 18 anos: 6 euros.
  3. Socios do Club Peña Trevinca Barco, GRATIS.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Para más información podes contactar co seguinte enderezo electrónico: socios@clubtrevincabarco.org

Esperámoste!!!