O club Peña Trevinca Barco xunto coa A.D. Limiactiva, en colaboración co Concello de O Barco de Valdeorras é a Deputación de Ourense, organizan a carta proba da II Copa Deputación de Ourense de Orientación. Nesta oportunidade celebrarase conxuntamente coa Liga Valdeorresa de Orientación.

A cita será o domingo 17 de setembro, a partir das 11:00 h. con probas de orientación para todas as categorías na zona do Malecón do Barco de Valdeorras. Os percorridos poderán ser lineais ou score.
A Copa Deputación de Orientación, que constará de 5 probas, na clasificación final da Copa Deputación puntúan as 3 mellores participacións das 5 probas programadas.

Como esta carreira é a 4ª proba da Copa Deputación de Ourense non se entregarán premios, xa que estes entregaranse na última proba unha vez de sumar as súas 3 mellores participacións. Co cal se realizasen uns sorteos entre os participantes unha vez que os todos os corredores terminasen os seus percorridos.

As inscricións rematan o venres 15 de setembro ás 12 horas para poder imprimir os mapas necesarios para realizar a actividade. As persoas non apuntadas que se presenten o día domingo non poderemos garantir a súa participación na carreira.

– CARTEL
– Boletín nº 1
– Normativa II COPA DEPUTACIÓN DE ORIENTACIÓN 2017
– FORMULARIO DE INSCRICIÓNS
– Horas de saída
– Resultados
– Resultados por percorridos
– Ranking Copa Diputación Actualizado (4 probas de 5)

Importante: Esta proba contará tamén como a derradeira proba da Liga Valdeorresa 2017 de orientación do clube Peña Trevinca. Ránking Final Liga Valdeorresa 2017

Nos medios: O SIL