Amigos, o vindeiro Venres 4 de Agosto realizaremos a 10º Andaina Nocturna “Os Mouchos” en colaboración co Concello do Barco e queremos invitarvos a pasar con nos unha velada moi agradable camiñando todos xuntos de noite.
A partires das 22:00 irémonos concentrando na porta do edificio de usos múltiples do Concello do Barco para confirmar a inscrición entregando debidamente completo e asinado o formulario de responsabilidades.

Haberá avituallamento líquido durante o camiño para os inscritos.

Ás 23h. vai ser a saída dende ó Concello de O Barco.
Percorrido: 11,5 km aprox.
Para todas/os camiñantes que teñán ganas de camiñar…
A inscrición é gratuíta pero obrigatoria e pode facerse ata o Mércores 2 de Agosto só no ENLACE

Máis información no e-mail: socios@clubtrevincabarco.org

Importante: Cada un dos participantes debe levar chaleco/peto reflíctante e súa lanterna. Os menores de 16 anos deberan participar cun maior a cargo deles.
Polo só o feito de participar cada participante aceptará as indicacións do persoal da organización, deténdose nas paradas programadas para o reagrupamento do grupo e asume os riscos que implica esta actividade.

REGULAMENTO:
Cada un dos participantes debe levar chaleco/peto reflíctante e súa lanterna.
Idade: Os menores de 16 anos deberan participar cun maior a cargo deles.
Por só o feito de participar cada participante aceptará as indicacións do persoal da organización e asume os riscos que implica nesta actividade.
Están establecidos puntos de control de paso onde abandonar en caso de superar o tempo establecido pola organización ou retirase por outros motivos. Os que abandonen deben seguir as indicacións dos controis.

A organización declina toda responsabilidade polos danos que poidan sufrir ou causar os participantes. Estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización. O feito de facer a inscrición leva consigo aceptar este regulamento.
Para confirmar a súa inscrición, é OBRIGATORIO que os inscriptos traian debidamente completo e asinado o formulario de responsabilidades que aquí se achega (https://docs.google.com/file/d/0BxBK__VZz_kZeDNScmFSR3FJcEU/edit?usp=sharing)